Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Barreiros celebra o sábado un mitin no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro

O PSdeG-PSOE de Barreiros celebrará o vindeiro sábado 16 de maio ás 19.00 horas, un mitin no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros.

Arroupados polo Deputado Autonómico José Ramon Val e a Vicepresidenta da Deputación Lara Méndez, os socialistas barreirenses desgranarán neste acto, as principais medidas do progarama electoral co que concerren ás vindeiras elección do 24 de maio por boca do número dous da candidatura José Antonio Otero Ramos e a súa candidata Maria Carmen Veiga.

Un programa electoral onde, o PSOE, coñecedor das dificultades que atravesa Barreiros trás a pésima e nula xestión do actual alcalde do PP, ofrece medidas reais e factibles para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Barreiros garantizando un futuro mellor para os barreirenses independientemente do lugar ou parroquia na que vivan.

Celebramos este mitín- comenta a candidata á alcaldía Maria Carmen Veiga- para explicar ás persoas que queiran asistir, as propostas que levamos no noso programa, recollidas de todos os colectivos e veciños cos que levamos falado, antes e durante a súa elaboración. As principais preocupacións son o emprego, que Barreiros non siga na actual situación de despoboamento, as infraestructuras en pésimo estado, coas pistas e camiños abandonados cheos de focahancas, sen depuradoras, sin un centro de día para os nosos maiores ou os agravios comparativos entre os veciños que viven nas parroquias do interior e a zona norte. Aos veciños xa non se lles engaña co que acostuma a facer o equipo de goberno do PP, cando a escasos días das eleccións se pon a tapar baches ou rozar cunetas e así nolo fan saber cando, dentro da nosa campaña porta a porta, os visitamos. Por iso os socialistas e a candidatura que teño a honrra de encabezar ofrecemos un cambio seguro, un proxecto fiable e todo o noso esforzo, empeño e gañas de traballar, por ti e por Barreiros.

María Carmen Veiga Rodríguez

Exit mobile version