Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE focense convoca unha reunión cos veciños para o martes 5 no Bar San Miguel da rúa Corporacións

Foz, 3 de maio de 2015.- O PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio van retomar novamente as xuntanzas cos veciños, dentro desa maneira distinta de gobernar, e estende a consulta de semipeonalizar a Avda. da Mariña con veciños de Foz, que residen noutras rúas, presentándose diante de todos os veciños de Foz sen enganos e asumindo compromisos, para escoitar as súas inquietudes, consensuar e dialogar con eles as solucións os seus problemas e explicándolles as nosas iniciativas de cara as próximas eleccións municipais.

Para elo, visitaremos porta a porta os veciños das rúas Corporaciones Municipais, Carlos Maside, Mestre Lugilde, rúa Minguillón e rúas limítrofes con fin de que coñezan de primeira man a iniciativa socialista de semipeonalización da rúa da Mariña, que algunhos ágora se atribúen tamén, e recoller as súas apartacións sobre esta opción e outras cuestións que os veciños de Foz consideren oportunas e levalas adiante na medida que nos encomenden a súa representación.

En base a esta nova maneira distinta de facer política local e dialogar sen os intermediarios de torno cos veciños de Foz, convocamos esta xuntanza para o martes día 5 as 19:45 horas no Bar San Miguel na rúa Corporacións, onde agardamos a súa presenza e colaboración expresando libremente e de maneira democrática a súa maneira de pensar.

Exit mobile version