O Ribadeo FC pecha cunha vitoria pola mínima e nos últimos compases do encontro ante o As Pontes unha gran temporada. Cun doce sabor de boca, os celestes rematan a temporada 14/15 na Terceira División grazas ós 58 puntos nunha sexta posición -a súa mellor marca histórica- despois de acadar o ascenso na pasada.
Dapo, xogador máis regular da Terceira
Dapo foi nomeado “xogador máis regular” da Terceira División nesta temporada 14/15 dende Galicia en Goles.
Antes do inicio do encontro os xogadores de ambos equipos ofreceron un paseíño ós benxamíns A da SD Ribadeo como campións provinciais. O capitán dos benxamíns faría, posteriormente, o saque de honra.