Ás once da mañá enfrontaranse o Troula e o Burela na primeira semifinal, mentres que ás doce e media será a quenda do Guitiriz – Verín.
O xantar está previsto para as dúas da tarde e, despois, ás cinco celebrarase un partido de fútbol sala minibenxamín.
Ás seis da tarde disputarase a final entre os vencedores dos partidos de semifinais.
Finalmente, a entrega de trofeos está prevista para as sete e cuarto da tarde.