Site icon Crónica3.com A Mariña

Os mellores patinadores da provincia, este domingo en Xove

patinaxe-xoveO Pavillón Municipal de Xove acolle este domingo 10 de maio o Campionato Provincial de Patinaxe Artística Xove – 2015 coa participación de seis entidades: Escola Municipal de Chantada, Club Concello de Chantada, ED Lourenzá, Club Campelas de Escairón, Escola Municipal de Monterroso, e ACD XOVE.

As preparacións darán comenzo as 10.30 horas, co quecemento e toma de contacto ca pista de tódolos equipos participantes a porta pechada para dar comezo ó Campionato Provincial ás 12.30 horas.

O evento está organizado pola ACD.XOVE coa colaboración do Concello de Xove, Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Patinaxe, a Deputación Provincial, a Fundación Alcoa, e Eroski City de Xove.

A entrega de trofeos correrá cargo do Xefe do Servicio Provincial de Deportes, o Alcalde de Xove e a Concelleira de Deportes.

Os mellores patinadores da provincia estarán este domingo en Xove: todo un espectáculo, en destreza, vestimenta, posta en escena e coreografía.

Exit mobile version