Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas comprometéronse coa veciñanza de Santa Cecilia a “non facer obras en campaña electoral”

psoe-santaceciliaA Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio queren expresar o seu agradecemento os veciños SANTA CECILIA por a su participación na xuntanza/mitin que a nosa candidatura tivo o mércores 13 de maio no Centro Social da parroquia.

Sentímonos por tanto arroupados por os veciños que estiveron con nos para escoitar e aclarar mediante o dialogo cos nosos candidatos o programa do Partido Socialista e recoller de primeira man as queixas que consideraron oportunas.

Entendemos con claridade as queixas que nos fixeron chegar os veciños sobre as reparacións urxentes que a toda presa anda a facer o actual equipo de goberno despois de catro anos sen ser visto pola parroquia.
Os socialistas comprometémonos cos veciños de Santa Cecilia a non facer obras en campaña electoral, porque para iso están os catro anos de goberno e tamén nos comprometemos a un diálogo permanente cos veciños perante todo o ano.

Así pois, unha ves mais, os socialistas de Foz demostramos mediante o diálogo que o compromiso socialista está pensado por e para os veciños desde unha forma distinta de gobernar.

Exit mobile version