Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas da Pontenova consideran que “é unha mágoa constatar que o candidato do PP non dubide en chamar mentireiros aos veciños que se dirixiron a nós”

A Pontenova, 8 de maio de 2015.- Os socialistas de A Pontenova tachan de “rastreiras” as últimas declaracións do candidato do Partido Popular sobre a denuncia realizada en días pasados, e na que o PSOE alertaba de que o alcaldable está a empregar a consulta médica para sacar un rédito electoral. Neste senso, consideran é que “é unha mágoa constatar que, con tales afirmacións, non dubide en chamar mentireiros aos veciños que se dirixiron a nós hai máis dun mes”.

“O único que facemos e trasladar as queixas dos cidadáns que, en ningún caso, as facemos propias. É máis, Darío Campos non ten que escudarse na agrupación, senón que é un máis dela”, subraian.

Para os socialistas o grave “é que non desminte as acusacións e que se escude en que en 20 anos como médico nunca tivo queixas, xa que nós non dubidamos del como profesional”, insisten.

“Con ganas e coa ilusión”
En terceiro lugar, critican que o candidato do PP afirme que o goberno dos socialistas é un proxecto esgotado. “Non só non é certo, senón  que estamos coas ganas e coa ilusión coma o primeiro día, xa que senón fose así deixaríamolo”. “Ademais, e isto é moi importante, temos as nosas empresas e pagamos os impostos en A Pontenova, non coma el que, en catro anos que leva aquí, nin tan sequera se empadroou no concello; polo tanto, os veciños saben que o seu é un interés persoal”, conclúen.

Exit mobile version