Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela responden ás acusacións do PP sobre a futura xestión do lixo e a auga

Burela, 22 de maio de 2015.- Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos poñer de manifesto o nerviosismo que mostra os Sr. Barcia, candidato do Partido Popular en Burela, ante o previsible resultado das eleccións do próximo domingo que fai que perigue o seu posto e que teña que voltar é seu posto de traballo. Nun intento desesperado intentando alarmar e confundir ós veciños e veciñas de Burela tenta desprestixiar as propostas do resto de adversarios políticos utilizando a demagoxia e a mentira.

Non coñecemos os intereses que pode ter o Sr Barcia nas empresas adxudicatarias dos servizos de auga e lixo de Burela, el saberá. O que temos moi claro dende o PSdeG-PSOE de Burela é que estes son servizos públicos básicos e que os beneficios deben reverter nos veciños e veciñas de Burela, e non nos resultados financeiros das empresas que ademais non son de Burela.

En ningún caso a recuperación destes servizos lles vai a custar un so euro ós veciños e veciñas de Burela, senón que todo o contrario, a idea é que os beneficios destas empresas se queden no pobo, baixando o prezo destes servizos para os usuarios e para poder usar os beneficios para facer obras ou en mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

Para recuperar estes servizos está claro que haberá que xestionar, é evidente que o Sr Barcia non coñece esa palabra á vista do feito nestes catro anos de “desgoberno”.

É evidente que o Sr Barcia como máximo responsable da privatización destes servizos (non sabemos a cambio de qué), non lle gusta esta proposta. Pero máis aló de mirar por intereses particulares un goberno responsable e serio ten a obriga de velar polos intereses de todos os veciños e veciñas, por iso consideramos que a recuperación destes servizos, de ser posible, sería moi beneficiosa para Burela e os seus veciños e veciñas.
A única intención desta proposta é a de abaratar o servizo, eliminando o que se paga ós xestores do servizos, e que sexa o propio Concello o que se faga cargo da mesma.

Por último pedirlle ó Sr Barcia un pouco de mesura e tranquilidade, con ese nerviosismo que demostra que se atopa ó borde dun ataque de nervios. Os veciños e veciñas de Burela decidirán en breve cales son as mellores propostas.

Exit mobile version