Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz continúan a achegar ós veciños e veciñas as súas propostas electorais

psoefoz-xuntanza ruas corporacionO PSdeG PSOE de Foz continúa “pisando porta a porta” para falar cos veciños e veciñas coa intención de manifestar “o noso agradecemento os veciños das rúas Corporacións Municipais, Carlos Maside, Mestre Lugilde, rúa Minguillón e rúas limítrofes pola súa excelente participación e aceptación desta outra forma de gobernar que os socialistas de Foz estamos levando adiante, así como ao Bar San Miguel, por permitir poder facer este acto no local”.

Nesta xuntanza veciñal tratouse de explicarlles de primeira man as iniciativas socialistas sobre a semi-peonilización da Avda. da Mariña, reordenación de xardíns na Rapadoira e outras iniciativas encamiñadas a recuperar o dialogo e as boas maneiras nas relación entre partidos políticos e veciños totalmente perdidas nos últimos tempos.

Por iso, tomamos nota das súas inquedanzas e queixas sobre a sucidade das beirarrúas e a mala imaxe que xenaran os recipientes de auga nos portais para evitar os efectos de algunhos animais de compañía, o que nos leva a buscar formulas de compatibilizar a limpeza das beirarrúas e os animais de compañía sen recorrer directamente o camiño das sancións.+

Outra das inquedanzas expostas son os danos no mobiliario público e privado provocadas por algunhas persoas que procedentes da zona do botellón se desprazan camiño da estación de autobuses e do apeadeiro de Feve.

Estas e outras preocupacións dos veciños son recollidas por os nosos candidatos para buscarlles a oportuna solución, mentres outros se dedican a facer obras electoralistas reparando vellos cortes de canalizacións nas rúas que deberan ser reclamados a empresa que no seu día non reparou debidamente.

Exit mobile version