Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz destacan en Cangas “o noso compromiso por e para a igualdade dos veciños vivan onde vivan”

Dende o PSdeG-PSOE de Foz entendemos a tristura dos que pretenden competir, mediante o insulto e a mentira, co noso candidato Jaime Cancio pola Alcaldía de Foz e tamén entendemos que se sintan desprazados pola veciñanza ó ver que as nosas xuntanzas/mitin cada vez acoden e participan mais veciños como na deste xoves 21 de maio no CENTRO SOCIAL DE CANGAS.

Esta vez temos que subliñar como os membros da nosa candidatura Manolito, Ana, Ángeles e Jaime Cancio que interviñeron e que se viron arroupados por un político socialista coma Ismael Rego, nativo de Cangas, cun largo currículo dentro da loita socialista por mellorar o estado de benestar dos cidadáns.

Queremos facer especial fincapé no agradecemento a alta participación veciñal neste acto dos socialistas de Foz, que ven a incrementar a nosa responsabilidade cos compromisos firmados para os veciños de Cangas representados pola súa Asociación e avalada por esta expresión de apoio pedíndonos outra forma de gobernar para acabar coas políticas do rebacheo en campaña electoral e cos dirixentes que dende a sombra pretenden mangonear o destino dos veciños de Foz.

Os socialistas de Foz seguimos entendendo que mentres os outros candidatos a alcaldía de Foz compiten entre sí utilizando o insulto e a mentira para buscar un espazo fronte ás políticas de participación cidadá doutra forma de gobernar, nosoutros, os socialistas de Foz, unha vez máis demostramos mediante o diálogo que o compromiso socialista, reflectido no noso programa como garante da honestidade do necesario cambio por e para a igualdade dos veciños, vivan onde vivan.

Peche de campaña
Os socialistas de Foz rematan a campaña na parroquia que veu nacer ó candidato, Jaime Cancio: Fazouro.
O acto dará comezo ás 21.00 horas.

Exit mobile version