Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Trabada presentarán o seu programa polas parroquias: “o proxecto de futuro para impulsar este concello”

Trabada, 13 de maio de 2015.- O PSdG-PSOE de Trabada anuncia que presentará o seu programa polas parroquias do municipio. Trátase, segundo afirma a candidata socialista –Mayra García- “do proxecto de futuro, que permitirá dar o impulso que necesita este concello”.

“Presentaremos o noso programa electoral, un programa participativo, realizado despois de visitar @s veciñ@s e formado polas súas propostas, coa finalidade de que o noso goberno sexa a solución dos seus problemas”, subraia.

Neste senso, adianta que desenvolverán unha serie de medidas para garantir a transparencia e o bo goberno e para poñer á cidadanía no centro da acción política. “Esta é a pretensión do PSdG-PSOE de Trabada”, afirma. Para elo, cren necesario achegarse ás parroquias e dar coñecer o programa de actuación dos vindeiros catro anos.

Cronograma
Os actos que levarán a cabo son os seguintes:

– Venres, 15 de maio, ás 22.00 horas, no Centro Cívico en Valboa.
– Sábado, 16 de maio, ás 22.00 horas, no Centro Cívico en Vidal.
– Domingo, 17 de maio, ás 20.00 horas, no Centro Cívico en Vilapena; e ás 22.00 horas, no Centro Cívico en Trabadela.
– Luns, 18 de maio, ás 22.00 horas, no Centro Cívico en Fórnea.
– Martes, 19 de maio, ás 20.00 horas, no Teleclube en Vilaformán; e ás 22.00 horas, no Centro Cívico en Vilar Betote.
– Mércores, 20 de maio, ás 22.00 horas, no Centro Cultural da Casa da Cultura en Trabada.
– Xoves, 21 de maio, ás 22.00 horas, no Teleclube en Sante.

Exit mobile version