Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras prepara a ruta da Cubela

A Asociación Pasada das Cabras ten previsto facer o vindeiro sábado 9 de maio a RUTA DA CUBELA en Ribas de Sil, de 14 quilómetros e dificultade media. Os prezos son de 15 euros para os socios non federados, 12 para os federados e 20 para os non socios con autobús e seguro incluídos. A saída será ás 08.00 horas dende a Estación de Autobuses de Burela. Hai que levar comida. Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 7 ás 20.00 horas.

Exit mobile version