Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira organiza en Viveiro unhas xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial

OLYMPUS DIGITAL CAMERAViveiro, 2 de maio de 2015.- O colectivo Pensamento e Sementeira programou para a segunda quincena de maio, en Viveiro, unhas xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial.

Esta nova actividade dará comezo coa inauguración da exposición “Embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo” que terá lugar o sábado 16 de maio, ás 19 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro. Coincidindo co acto de inauguración desta mostra, que permanecerá aberta até o día 30, o colectivo viveirés convidou a Víctor Fernández Gonzalez, directivo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, para falar sobre o noso patrimonio marítimo.

Outro dos actos que se terán lugar dentro destas xornadas será o sábado 23 de maio e consistirá nunha tertulia con Fran Fra, o único carpinteiro de ribeira activo na nosa comarca.

Exit mobile version