Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación de ‘Transfusión Oceánica’ no Museo do Mar

Este sábado 30 de maio, ás 20.00 horas, Xosé Iglesias presentará no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o seu primeiro libro “Transfusión Oceánica”. O poeta Xosé Iglesias é patrón de baixura do Primero Villar. Foi Xurxo Souto o que animou a este lobo de mar, curtido xa nas batallas do Gran Sol, a que escribise os seus poemas, e Paco Souto o que impulsou a publicación de “Transfusión Oceánica” na Editorial Caldeirón. Como presentadora do acto intervirá a escritora Iolanda Aldrei, e tamén participará no mesmo Serafín Mourelle, mariñeiro poeta.

Exit mobile version