Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o Torneo Padel Area 14/15

O pasado sábado 23 de maio xogáronse as finais do Torneo Padel de Area 2014-15, cos seguintes resultados:

A primeira hora xogáronse a final de TERCEIRA DIVISIÓN MASCULINA, que enfrontaba a David Guerreiro e Vicente Pérez, contra Luís Riveira e Gonzalo López, impoñéndose estes últimos. Ao mesmo tempo disputábase a SUPERCOPA FEMININA, onde a parella Raquel González e Elia Rodríguez, que finalizan a tempada invictas, se impoñían a Montse Michelena e Verónica Teijeiro.

Posteriormente xogáronse as finais no resto das categorías masculinas, así en SEGUNDA DIVISIÓN, Ramírez e Casabella (Prosi) impoñíanse a Zalo Balseiro e Dablanca. Na PRIMEIRA DIVISIÓN eran Lamelas e Carlos Otero os gañadores, despois do enfrontamento con Domingo Goas e Javi Ventura.

Na DIVISIÓN DE HONOR masculina, do mesmo xeito que ocorreu na categoría feminina, a parella formada por JOSÉ A. E FRAN FERNÁNDEZ terminan o ano invictos e impoñíanse na final a Carlos Jorge e Pablo García.

Logo de finalizados todos os encontros, todos os participantes gozaron dunha espléndida cea de irmandade no Restaurante Nito.

Polo que respecta aos ranking, terminada a tempada, quedan do seguinte xeito:

Categoría masculina
1 JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ 50000
2 FRANCISCO FERNÁNDEZ 50000
3 CARLOS JORGE 33000
4 PABLO GARCÍA 33000
5 FERNANDO INFANTE 27000
6 BORJA ALONSO 27000
7 JAVIER LAMELAS 19000
8 CARLOS OTERO 19000
9 KIKO REY 16750
10 FRANCISCO NOVO 16750

Categoría feminina
1 RAQUEL GONZÁLEZ 3100
2 ELIA RODRIGUEZ 3100
3 MONSERRAT MICHELENA 2325
4 VERÓNICA TEIJEIRO 2325
5 ANA OTERO 1750
6 ANA PERNAS 1750
7 CRISTINA SÁNCHEZ 1450
8 MARÍA PÉREZ 1450
9 ESTRELLA POO 1400
10 DOLORES OTERO 1400

Exit mobile version