Site icon Crónica3.com A Mariña

Reparto de puntos no Pepe Barrera ante un rival directo

O Ribadeo FC cae á sexta posición da táboa tras empatar no Pepe Barrera (1-1) ante o Choco. Era unha gran ocasión para colocarse a un punto do cuarto clasificado neste enfrontamento directo na casa dos celestes que non puideron cun Choco que acariña o play off a falta de dúas xornadas para o final da temporada.

Ambos equipos saíron polo partido, pero foron os visitantes os que lograron adiantarse no marcador ante un nervioso Ribadeo. Rafa Casanova empataba para os locais na segunda metade.

A pesar da expulsión de Saúl, o Choco continuaba apretando e chegando a crear ocasións ante a portería de Javi Liz. Os de Germán e Vilachá tamén contaron algunha ocasión máis, pero o partido remataba co reparto de puntos.

Con este resultado os mariñáns perderon unha posición a favor do Bergantiños que se atopa quinto empatado a 55 puntos cos celestes. O Ribadeo medirase, nas dúas xornadas restantes, ó Rápido de Bouzas -oitavo con 53 puntos- e As Pontes que suma 52 puntos e se coloca na décimo terceira praza a cinco puntos do décimo cuarto.

Exit mobile version