Site icon Crónica3.com A Mariña

“Ribadeo en Común” asinará o seu compromiso coa xente nun acto aberto o venres 22 de maio

Ribadeo, 20 de maio de 2015.- O vindeiro venres 22 de maio a partir das 20:00 horas Ribadeo en Común organizará, no Cine Teatro de Ribadeo, o seu último encontro antes das votacións do vindeiro domingo 24 de maio.

Prendemos que a veciñanza se achegue a coñecer unha nova proposta baseada no apoderamento dos cidadáns para o goberno municipal a través da información, a transparencia, o compromiso e a participación efectiva.

Como sabedes tódolas candidatas e candidatura de Ribadeo en Común teñen firmada unha carta de compromiso onde se detalla cal será a dinámica de traballo se chegan a participar do goberno municipal.

Esta candidatura (ó completo) fíxose efectiva a través dun proceso de eleccións primarias.

Así mesmo tódalas contas da Agrupación de Electores están ó dispor de todos a través do seu blog e redes socias.

A toma de decisións da plataforma lévase ó cabo nas súas asembleas abertas a toda aquela persoa que queira participar.

Exit mobile version