Ribadeo, 21 de maio de 2015.- A campaña electoral achégase ó final. Dende Ribadeo en Común queremos facer as cousas doutro xeito.
Xa amosamos que queremos un medio ambiente limpo e conservado. Tamén amosamos que, máis que querer falar ca xente, queremos que a xente participe, porque somos xente. Amosamos transparencia, cos gastos ata o momento publicados na rede, e tamén o informe das eleccións primarias, cousas que se poden atopar entre outros lugares, no blog da agrupación de electores, http://ribadeoencomun.blogspot.com.es/.
Agora, máis aló de recibir a quen queira participar no cine teatro para seguir a construír Ribadeo, compartimos todas as ideas que se nos deron e que consideramos que podíamos asumir, a modo de programa: https://docs.google.com/spreadsheets/d/1LPaZhA3zgcwHh5LFG2CLIN52N1v3wN_lsm8-Pz09VZw/edit?usp=sharing
Un programa que non é estático, que variará co vexamos entre todos, porque Ribadeo en Común somos todos.
E facémolo ó tempo que preparamos un fito máis na nosa organización. O sábado haberá unha nova votación interna para elixir cargos: Coordinación, tesourería, secretaría, as portavocías ou os membros da comisión de garantías, o noso ‘tribunal xurídico interno’, serán renovados para outro período de tres meses.
Ribadeo segue, Ribadeo en Común, segue.