Site icon Crónica3.com A Mariña

Roberto Ramos, arroupado por Adriana Lastra, subliña que “xestión, decisión política, participación e transparencia”, serán as claves “do contrato dos socialistas con Ribadeo”

IMG_6876Ribadeo, 17 de maio de 2015.- O candidato a alcaldía de Ribadeo –Roberto Ramos-, acompañado da secretaria de Política Municipal da executiva federal que dirixe Pedro Sánchez –Adriana Lastra- e doutros membros da candidatura que lidera, destacou este domingo que “xestión, decisión política, participación e transparencia” serán as claves “do contrato que os socialistas materán cos veciños durante os vindeiros catros anos” se acadan a confianza deles o vindeiro domingo nas urnas.

“Os socialistas de Ribadeo apostamos por un concello claro e honesto, aberto á xente, transparente, participativo, integrador, tolerante, sensible coa divesidade, impulsor dun desenvolvemento sostible, e que xere políticas de cohesión social e para o emprego, que contribúan á economía local e a garantir o benestar dos veciños”, explicou o alcaldable diante dos cidadáns que acudiron ao Cine Teatro ribadense.

Por iso, o candidato do PSOE comprometeuse publicamente a executar ao 100% todas as súas propostas, “e sen excusas, e sen metelas nun caixón, esquecéndose delas”. “A execución deses compromisos será avalizada polo consello veciñal, o cal velará polo seu cumprimento”, engadiu.

Asemade, Roberto Ramos, nun mitin notablemente concorrido, non dubidou en amosar o seu convencemento de que o Partido Socialista “é o único que trae garantía de xestión eficiente e, ademais, vontade e decisión política, así como capacidade de interlocución coas distintas administracións e capacidade para alcanzar acordos consensuados, favorecendo a colaboración ante a Oposición”.

Exit mobile version