Esta promesa electoral é mui demagóxica e queda mui ben, porque xoga cos cartos da xente, pero no fondo é diabólica e tén trampa, porque de levarse a cabo acarrea unha subida do precio da auga e tamén da basura.
Antes de nada, decir que foi o propio PSOE quen lle renovou a concesión á empresa da auga, en 2009, e renovoulle por quince anos. Unha incoherencia enorme, como se ve, porque xa postos non tiñan que renovarlle a concesión a Espina y Delfín. Deste xeito, a concesión remata en… 2024. Se se quere recuperar o servicio para que o faiga o concello, hai que facer dúas cousas: indemnizar á empresa polo servicio que deixa de prestar, e gastar cartos para adquirir ou alquilar o material preciso para que o concello se encargue do servicio.
Imos ver con detalle. No que se refire ás indemnizacións, a Espina habería que pagarlle aproxidamente 564.000’00€, polos nove anos que ainda lle quedan de contrato. Por qué? Porque Espina pagou un canon por esa renovación de 750.000’00€, que o bipartito cobrou relixiosamente, cousa que agora o PSOE esquece. No que se refire ós investimentos, o Concello, para prestar o servicio con xeito, debería de mercar un camión de limpeza de alcantarillado, unha furgoneta con equipo de inspección de tuberías con cámara de TV, dous equipos de detección acústica de fugas, un equipo de telecontrol, maquinaria diversa e alomenos tres vehículos que suporían, entre todo, un investimento de 481.000’00€. A non ser que esto se alquile, e se se alquila, seguiríamos gastando igual.
No que se refire á concesión da recollida de lixo, a empresa remata o contrato a mediados de 2017. Se se quere rescatar o servicio ahora, a indemnización a Celtaprix ascendería a 278.000’00€. E como o concello non tén material para facer o servicio, teríamos que adquirir un camión de recollida como mínimo, unha barredora nova, e vehículos e maquinaria adicionais cun custo de 450.000’00€.
Conclusión. O concello, é decir, todos os veciños, teríamos que apoquinar un total de 1.773.000’00€. Teríamos que pagar 1.045.000’00€ por rescatar a concesión da auga, e 728.000’00€ por rescatar a do lixo. Eso sería o que custaría cumplir a promesa populista do PSOE. Estamos dispostos a pagar semellante cantidade de cartos por cumplirlle as gracias ós socialistas?
Pero o realmente diabólico é que o importe dos investimentos hai que repercutilo, por lei, nos recibos, co que habería que subir a auga e o lixo. Conclusión, o PSOE , se goberna, subiranos a auga e a basura.
No mellor dos casos, se se deixa que rematen as concesións, o PSOE só podería rescatar a do lixo (ou pensa o PSOE gobernar en 2024?); ainda así e todo, o concello debería de facer o investimento citado, de 450.000’00€, que legalmente hai que repercutir no prezo do lixo. Conclusión, o PSOE quere que paguemos máis polo recollida de basura.
Ademáis de todo eso, o Concello tería que quedarse co personal das dúas empresas.
Hai unha solución, que paguen os socialistas do seu bolsillo. Os que deixaron un millón trescentos mil euros en facturas sen pagar e sen cartos para facelo, se regresan ó goberno municipal volverán a poñer en peligro a economía municipal e, o que é peor, subirannos os precios da auga e da basura, como acabamos de demostrar con datos concretos e que se poden calcular sólo con estudiarse os pliegos de concesión dos dous servicios e os contratos asinados entre as empresas e o concello no seu día.
Finalmente, os veciños sabemos, e o PSOE tamén, que o abastecemento de auga está garantido. Resulta patético que o PSOE fale ahora de limpar o encoro de Rúa. Foi o bipartito da Xunta o que eliminou a partida presupostaria que había para limpar o encoro dentro do proxecto de abastecemento de auga a Burela e Cervo. O cabeza de lista do PSOE debería explicar por qué, porque el sábeo ben…. Calou a boca e non dixo nin pío.