Como xa sabe moita xente, alguns compañeiros, mulleres e homes bos/as e xenerosos/as, asumimos un COMPROMISO, un COMPROMISO POR BURELA. Un compromiso coa xente da vila de Burela, cos seus vecinos e veciñas. Un compromiso para cambiar os xeitos de gobernar o concello, un compromiso para cambiar o noso pobo.
Di o refrán “que máis sabe o raposo por vello, que por raposo”, pois ben dende aquel setembro de 1985 que entrei en política co CDS do añorado e ben querido Adolfo Suarez, aprendín algunhas cousas;
– Nunca deixar de loitar polos intereses xustos da veciñanza.
– Pelexar porque as cousas melloren no teu pobo.
– Quen persevera triunfa.
Trinta anos despois, teño os mesmos desexos, e ainda que estou máis próximo a xubilación que os vinte anos, quero antes xubilar algunhas cousas que Burela,( por desgraza, bueno, non por desgraza, senón por desgobernos populares e socialistas,) aínda conserva nos xeitos de ser xestionada.
Quero xubilar o enchufismo e os privilexios duns poucos. Quero xubilar a prepotencia. Quero xubilar o nepotismo. Quero xubilar o desgoberno.
Por iso asumín UN COMPROMISO, un compromiso cos vecinos de Burela, que busca que o noso pobo sexa un pouquiño mellor, e os nosos fillos e netos disfruten dunha vila humanizada, gobernada por xentes que vivan nela, gobernada dende Burela e para Burela, non dende o pobo do lado ou dende a capital da provincia.
Un compromiso con todos e cada un dos vecinos de Burela, quen van poder comprobar dia a dia, mes a mes, ano a ano, ata as próximas eleccións(2019), que o noso COMPROMISO e forte e sinceiro.
Non prometemos grandes obras, que dificilmente se cumprirían. A nosa gran promesa e que gobernaremos Burela de cara os veciños, e de costas á corrupción e os privilexios dunhos poucos, que pensaron que o noso concello, era a sua finca particular.
COMPROMISO CON UNHA BURELA DE TODOS E PARA TODOS. O 24 de maio, asinamos un compromiso: Os vecinos de Burela poñen votos nas urnas e COMPROMISO, asume responsabilidades e gardará fidelidade a todos os veciños.
Vamos de voda o vintecatro de maio. Vamos de COMPROMISO, COMPROMISO POR GALICIA-CONCELLOS TRANSPARENTES, COMPROMISO POR BURELA.
Ignacio Expósito Rego
Candidato, nº 10 na lista de CxG Burela