Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha colisión frontal entre dous turismos obriga a excarcerar a unha persoa en Cervo

Os Bombeiros de Viveiro e os efectivo do GES de Cervo excarceraron este xoves a unha persoa que quedara atrapada no seu vehículo tras sufrir unha colisión frontal con outro vehículo na N-642, no concello de Cervo, á altura do lugar de Castelo.

Ademais do copiloto dun dos coches, outras dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración.

Un particular alertou ao CAE 112 Galicia, ao fío das 13.00 horas, e indicou a posibilidade de que houbera atrapados. De seguido, informouse a Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico, ademais dos efectivos do GES e dos Bombeiros, que se encargaron das tarefas de limpeza da vía.

Exit mobile version