Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha trintena de nen@s gozaron na biblioteca de Foz do espectáculo ‘A maleta da avoa’

Foz, 18 de maio de 2015. Dentro da Programación das Letras, unha trintena de nenos e nenas gozaron na biblioteca pública municipal de Foz do espectáculo de contacontos titulado A maleta da avoa, a cargo da actriz Raquel Queizás. Con este acto rematou a programación para conmemorar o Día das Letras Galegas na biblioteca municipal focense.

Raquel Queizás, que ten unha frutífera e longa traxectoria profesional, cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal, bufón, danza, teatro, mimo, voz e canto, acrobacia, manipulación e fabricación de monicreques, etcétera.) en diferentes centros ou encontros de formación. É cofundadora e integrante da compañía Teatro da Semente. Forma parte do elenco das compañías Os Monicreques de Kukas e A Xanela do Maxín. Participou con Leo Bassi en espectáculos de rúa e con Els Comediants actuou na inauguración da Terminal 4 do aeroporto de Barajas.

Exit mobile version