Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños Independentes de Alfoz segue realizando reunións coa veciñanza

20150503_115119_resizedAlfoz, 4 de maio de 2015.- Coa intención escoitar ós veciños e veciñas de Alfoz Veciños Independentes de Alfoz segue realizando diferentes reunións para engadir as súas peticións ó noso programa.

Neste afán, representantes de VIA veñen de reunirse con veciños e veciñas da parroquia de Castro de Ouro (xúntase foto). Nesta reunión resaltouse que a veciñanza colabora habitualmente nas labores de mantemento dos barrios, tales como o desbroce das beiras das estradas ou a limpeza de contedores, estre outras accións. Os veciños e veciñas do Castro de Ouro mostraron a súa preocupación polo estado da estrada principal de acceso ó castelo, que pasa polo centro do barrio do Castro, pola deficiente situación do firme e pola falta de sinalización. Tamén indicaron que se senten desfavorecidos respecto a outras parroquias do concello pois “falta un mantemento máis constante e non só antes das festas ou das eleccións”. Desde VIA eloxiaron o traballo altruísta que están a facer os veciños e veciñas do Castro de Ouro e mostramos o total apoio ás súas peticións. Dentro das iniciativas a levar a cabo nesta parroquia, Veciños Independentes de Alfoz impulsará a conservación e posta en valor do Conxunto Histórico do Castro de Ouro, promovendo a declaración dunha Area de Rehabilitación Integral (ARI).

Exit mobile version