Co inicio da campaña electoral que comeza este venres, Veciños Independentes de Alfoz expoñerá á veciñanza as súas bases programáticas. Para a presentación oficial do programa realizarase un acto público o vindeiro 16 de maio no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.
Dentro do seu programa electoral VIA proxectará a creación dun Viveiro de Iniciativas Empresariais, facilitando ós emprendedores espazos físicos e asesoramento para os seus proxectos empresariais. O Viveiro de Iniciativas Empresariais de Alfoz ofrecerá un conxunto de servizos de apoio e asesoramento ó emprendedor deseñados para facer posible que as diversas ideas innovadoras podan converterse en empresas solventes, dinámicas e que fomenten o emprego e o autoemprego no noso concello.
O Viveiro de Iniciativas Empresais de Alfoz ofrecerá un espazo físico, composto de compartimentos, con zonas e servizos comúns como, salas de reunións, teléfono, internet…, e outros individuais como despachos e mobiliario.
Tamén os emprendedores disporán dun asesoramento legal, empresarial e financiero e dun apoio técnico desde o inicio da actividade e durante a súa estadía no viveiro.
Esta iniciativa de VIA nace para fomentar o emprego e o autemprego retendo o talento no noso concello, e para facilitar aquelas instalación que actualmente están valeiras favorecendo, apoiando e atraendo o emprendemento e a creación de novas empresas creativas e innovadoras, en calquera eido, e sobre todo, para a explotación dos recursos forestais, a posta en valor dos terreos agrícolas en desuso e o turismo.