Site icon Crónica3.com A Mariña

VIA marca o camiño para o novo goberno de Alfoz

DSCN4211Alfoz, 30 de maio de 2015.- Onte venres 19 de maio, de 2015 os membros da candidatura de Veciños Independentes de Alfoz, realizaron a primeira reunión da agrupación tras as eleccións para analizar os resultados e trazar o camiño a seguir de cara á constitución do novo goberno municipal.

Analizados os resultados, desde VIA considerase que se debe entender a mensaxe que enviou o electorado o pasado domingo 24 de maio, unha mensaxe de cambio que foi sempre promovida por esta agrupación.

Desde VIA considerase un acto de responsabilidade escoitar as impresións do resto dos grupos electos elixidos polo pobo para conducir os próximos catro anos de goberno en Alfoz.

Aínda así, e ante a inquedanza existente durante os pasados días, provocada en moitos casos polas especulacións interesadas en contra desta formación e do seu candidato, quérese expresar que desde VIA nunca se dubidou do camiño a seguir, e ese camiño é o do cambio, pois como rezaba o noso cartel electoral “Existe outra vía”.
Para evitar máis especulacións, desde a agrupación quere deixarse claro que o primeiro paso para o cambio pasa por non apoiar a continuidade do actual goberno.

Unha vez feita esta aclaración, iniciaranse os contactos pertinentes para dotar a Alfoz dun goberno o máis estable posible que poda conducir os destinos de Alfoz durante a próxima lexislatura. Para a toma de decisións, desde VIA terase en conta non so as propostas recibidas senón tamén a opinión dos nosos votantes e simpatizantes, así como a conservación da identidade propia da nosa agrupación.

Xabier Pardiñas, candidato de VIA, apuntaba que “Alfoz necesita un sopro de aire fresco, os veciños abriron as fiestras e nós debemos deixar que ese aire entre. O domingo abriuse un novo camiño, unha nova vía, e nós queremos compartir ese camiño con vós, seguir apostando por formas de actuar diferentes, saír a falar cos veciños e veciñas de Alfoz e traballar todos xuntos polo futuro de Alfoz”.

Os membros de Veciños Independentes de Alfoz queremos mostrar o noso agradecemento ós veciños e veciñas que apoiaron esta candidatura o pasado domingo, polo que nos seguiremos esforzando para poder corresponder á confianza depositada con ilusión, humildade e traballo.

Exit mobile version