Site icon Crónica3.com A Mariña

Vilaronte acolle un mitin dos socialistas de Foz este domingo

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o noso candidato Jaime Cancio convocamos a todos os veciños de VILARONTE a XUNTANZA VECIÑAL / MITIN o domingo día 17 de maio ás 20.30 horas no CENTRO SOCIAL O CASTRO, con fin de explicar o noso COMPROMISO CON OUTRA FORMA DE GOBERNAR incluído no Programa Electoral de cara as Eleccións Municipais do Concello de Foz.

Por iso, veciño de VILARONTE, pedímosche que participes nesta xuntanza porque con nos TI DECIDES sobre o noso compromiso de cuberta da pista deportiva anexa ao local do Castro de Vilaronte, construción de cunetas de formigón na estrada da Rúa e xestión de beirarrúas na estrada da Deputación Vilaronte-Espiñeira. De esta forma poderás coñecer e aclarar todas as dubidas que poidas ter sobre o noso programa da man dos veciños que forman a lista dos socialistas de Foz.

FALARÁN:
JESÚS PEREZ GARCÍA, veciño de Vilaronte
MARÍA ANGELES VEIGA VARELA, veciña de Marzán, Foz.
JAIME CANCIO RODRIGUEZ, candidato á alcaldía de Foz.

Os socialistas entendemos que a participación veciñal e moi importante e necesaria porque é a mellor forma de que en VILARONTE, TI DECIDES, A FORMA DE GOBERNAR PARA OS VINDEIROS CATRO ANOS.

Exit mobile version