Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa gañamos!

Escribo estas palabras casi unha seman despois das eleccion a concelleiros nesta Mariña donde xermino, vivo e rtevivo. Excepto en sitios donde necesitanse pactos, acábase de pechar o telón da campaña e ábrese o tempo dos soños, das certezas. Ahora tocaria tyraballar sobre todo donde cambiou a tortilla, para desterrar a frasecita maldita de unha terra de esclavos que di aquello de “TODOS SON IGUAES”
Un con as sua experencia, os seus saberes, os anos acumulados, os exitos e os fracasos o lombo sintome como ese pícaro ilusionado que pon os zapatos ben colocadiños antes de irse á camana vispera de reise, sabendo que pase o que pase recibirá algún agasallo á mañá seguinte.

Porque xa gañamos. Porque por fin rompeuse o maleficio da tristeza, da resignación. O noso agasallo é a esperanza da xente, máis aló dos resultados, máis aló de porcentaxes ou do número de votos ou representantes. Que a xente crea que o cambio é posible, o cambio real e non o recambio. Que a xente indígnese e deixe de tolerar a inxustiza. Porque só é cuestión de tempo e xa estamos no camiño. Porque sen optimismo nada se pode construír. Por iso o primeiro que nos rouban os de arriba é a alegría, como dicía fai poucos días Manuela Carmena en Madrid.

Porque vencemos os temores e os prexuicios de moita xente; o seu descreimiento, o seu desafección política. Contábao Ada Colau noutro mitin. Nos barrios humildes a porcentaxe de participación é moito menor ao que se dá nos barrios ricos. Será que os primeiros non lle ven utilidade ao voto tras tantas promesas incumplidas?, será que os segundos teñen claro quen vea polos seus intereses? Aquí estaremos para dar voz á xente e defender os seus dereitos e o seu benestar, nesas institucións cansas de acoller sempre aos mesmos; os mesmos que se turnan cada catro anos con distintos rostros, pero representando sempre aos poderosos.

Acabouse o secuestro da democracia. “Oxalá regrese a decencia”. Dicíao Emilio Lledó o venres. Recreábao Forges nunha viñeta ao día seguinte. Necesitamos persoas honradas que poñan as maquinarias institucionais ao servizo das maiorías. Empeza a conta atrás. Por iso xa gañamos.

Exit mobile version