Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Lourenzá destaca o éxito da 2ª xornada “Todos cara a Tovar” pola afluencia masiva de veciños e a importante participación de asociacións do Concello

290615 FOTOS CARA A TOVAR (3)Lourenzá, 29 de xuño de 2015.- A alcaldesa de Lourenzá, Rocio López García, destacou hoxe o éxito da segunda edición da xornada Todos cara a Tovar, celebrada este domingo con numerosas actividades. A rexedora salientou a afluencia masiva de participantes e a importante implicación de asociacións do municipio.

Rocio López comentou que “tivo un éxito rotundo cunha afluencia masiva de veciños e veciñas non só de Lourenzá senón tamén de comarcas limítrofes. Hai que destacar a importante participación das asociacións do concello. Despois desta edición para o ano próximo seguiremos traballando para facer neste evento máis e mellor”.

A alcaldesa engadiu que “un dos obxectivos desta iniciativa é dar a coñecer o entorno no Pazo de Tovar e quero recordar que está aberto ao longo do ano para quen queira ir visitalo. Valoro positivamente este tipo de actividades porque considero que son unha forma non só de dinamizar o Pazo de Tovar senón tamén toda a súa contorna e a dos pobos limítrofes de Lourenzá”.

Exit mobile version