Nunha reunión promovida pola asociación, Costas comprometeuse a eliminar a parte superior da vella cetárea así como a pasarela, moi debilitada, deixando unicamente en pé a parte máis antiga desta construción, é dicir, a base de pedra.
Uns traballos dos que se encargará Costas e que foran demandados pola entidade veciñal. Á mencionada reunión, celebrada recentemente en Lugo, acudiron representantes da asociación, do Concello e de Costas.
O presidente de Cruz da Venta, José Luis Sariego destacou a “buena disposición de las dos administraciones para mejorar la zona, poniendo especial énfasis en la seguridad y la recuperación del entorno, y teniendo en cuenta que la vieja cetárea no está siendo explotada empresarialmente”.