Site icon Crónica3.com A Mariña

A basílica de San Martiño acollerá este sábado o IX Encontro Internaiconal de Corais “Villa de Foz”

Cartel  IX ENCONTRO DE CORAIS VILLA DE FOZFoz, 18 de xuño de 2015.- A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 20, ás 19:30 horas a novena edición do Encontro Internacional de Corais Villa de Foz. Este evento está organizado pola Coral Polifónica de Foz co patrocinio do Concello de Foz.

No encontro participarán a agrupación organizadora, dirixida por María del Carmen Alonso Leal e coa pianista Amparo Represa; e ademais a Coral Valparaíso, de Valladolid, que dirixe Antonio Redondo González; e a agrupación portuguesa Orfeão de Recardaes, que dirixe Stanislava Pavlov.

Exit mobile version