A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública esixe a reposición do servicio de urxencias en horario de tarde que o Sergas suspendeu desde o día 18 do mes pasado, obrigando ós veciños de Foz a desprazarse ao P.A.C. de Burela.
Para a Comisión, esta decisión supón un desprezo ao pobo de Foz, que loitou durante anos para conseguir ese servizo, froito das súas contínuas mobilización polas urxencias as 24 horas e por unha sanidade pública de calidade no noso concello.
Lamentamos tamén o papel do goberno municipal ,que en vez de poñerse ao frente dos veciños para reclamar a reposición deste servizo , exerceu o papel de cómplice do Sergas , máis preocupado de salvarlle a cara ás autoridades sanitarias que de defender os dereitos do seu pobo.Asimesmo , chama a atención a postura do P.S.O.E. e do F.P.F. ,que poucas veces se pasaron polas concentracións dos primeiros sábados de mes e agora se presentan como os grandes valedores das urxencias .
Casualmente, a desaparición das urxencias de tarde coincide coa suspensión temporal das concentracións, motivada pola falta de apoio dos veciños e veciñas nos últimos tempos.
A Comisión entende que a mobilización cidadán , agora igual que antes , volve ser a única vía para recuperar o que se nos quita , e expresa a súa vontade de participar en cantas iniciativas se poñan en marcha con ese obxectivo.