Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de turismo de Burela amplía o horario de visitas do Barco-Museo Raíña do Carme

A Concellería de Turismo do Concello de Burela anuncia que a partires do mércores 1 de xullo, co afán de promocionar o turismo no noso pobo, abrirá o barco/museo Raíña do Carme en horario de mañá e tarde todos os día da semana (de luns a domingo).

“Dende a Concellería de Turismo consideramos imprescindible dar a coñecer os atractivos turísticos do noso pobo, e o barco/museo debe de ser un dos referentes turísticos de Burela indiscutiblemente. O horario de apertura vai a pasar a ser de 10.30 horas a 14.00 horas en horario de mañá, e de 17.00 a 20.30 horas en horarios de tarde, o mesmo horario que terá a oficina de turismo que tamén atenderá os visitantes todos os días da semana. As visitas guiadas ó barco/museo van ter unha duración aproximada dunha hora”.

Noutra orde de cousas, e apostando por poñer en valor os noso atractivos turísticos, tamén se poderá visitar a igrexa da Vila do Medio e as súas pinturas de alto valor artístico. Estas visitas terán un horario de 10.30 a 11.30 horas, os sábados, previa comunicación na oficina de turismo.

A Concellería de Turismo aposta así dunha forma clara pola promoción turística de Burela e os seus encantos, sendo esta unha aposta clara por explotar os nosos atractivos turísticos nunha época na que estamos convencidos que teremos unha grande afluencia de turistas ós que debemos darnos a coñecer.

Exit mobile version