Site icon Crónica3.com A Mariña

A figura das raíñas das festas, a debate no “Parolando” de Radio Burela

IMG_7867Burela, 4 de xuño de 2015.- Este xoves, día 4 de xuño, o programa Parolando de Radio Burela fíxose eco da polémica suscitada en Burela pola recuperación nas festas patronais da figura da Raíña. Os convidados dividíronse en dous bandos. O bando contrario á existencia de raíña das festas estaba ocupado por dúas representantes do Observatorio da Mariña pola Igualdade (Loli Docobo e Olga Castro) e unha da Asociación Cultural Xebra (Jara Duarte); a favor da existencia da raíña das festas estaban María Amada Palmeiro (membro da Comisión de Festas de Burela de hai uns anos) e Concha Pintos (primeira raíña que houbo nas festas do Carnaval de Foz). Contamos tamén coa intervención telefónia da cantante galega Sés (en contra da existencia da raíña) e de Maricarmen García Fanego “A Puchina” (a favor da existencia da raíña). Varias persoas interviron tamén a través da vía telefónica para dar as súas opinións contrarias ou favorables. O debate foi intenso.

A gravación íntegra do programa pódese escoitar aquí.

Exit mobile version