Acisa quere recoller as voces de todos os seus asociados e asociadas. Por ese motivo convoca unha asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro martes, 16 de xuño, ás cinco da tarde en primeira convocatoria e ás cinco e media en segunda. Desde a directiva indican que “queremos escoitar aos hostaleiros de Ribadeo, estean ou non estean asociados. E ao comercio. Por iso é polo que fagamos unha chamada á asistencia masiva a esta asemblea. Queremos emitir unha opinión conxunta e oficial sobre o plan de conservación para As Catedrais, que a Xunta quere aplicar xa desde o próximo 1 de xullo. Queremos que os miles de turistas que chegarán a Ribadeo durante o verán gocen de As Catedrais, da mellor forma posible, pero que gocen tamén de Ribadeo, do seu comercio, da súa hostalería, da súa riqueza gastronómica e paisaxística”.
Desde a directiva de Acisa insisten na importancia que ten asistir a esta asemblea para o futuro do comercio, da hostalería e de Ribadeo.
No encontro que Acisa mantivo este mércores con Verónica Tellado, directora xeral de Conservación da Natureza, participaron o presidente, Francisco Iriarte; o vicepresidente, David Martínez; o secretario, Roberto Rivas; e a xerente, Xana Arias.