Site icon Crónica3.com A Mariña

A Presidencia da Xunta ven de resolver as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015.- A Presidencia da Xunta de Galicia vén de conceder este martes as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015 a 29 persoas e 3 institucións entre as que se atopan o equipo feminino de baloncesto Medina S.F., o club Atletismo Comesaña e o Colexio Martínez Otero, nunha resolución que será publicada en próximas datas no diario oficial de Galicia. O xurado cualificador que concedeu os galardóns estivo conformado por representantes do tecido deportivo, dos medios de comunicación e da secretaría xeral para o Deporte.

Creadas no 2010, as Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia son concedidas de forma anual en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar no ámbito deportivo a persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que teñen contribuído ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da Comunidade Autónoma.

O acto de entrega das Distincións 2015 estará presidido polo titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, nun acto solemne que se celebrará no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro xoves día 9 de xullo, e que contará coa asistencia dos galardoados, os seus familiares e achegados, e representantes do mundo do deporte galego.

Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2015:

Pablo Beiro Diz, a título póstumo
Jorge Benito Chao López, a título póstumo
Óscar Burrieza López
Óscar Cacheiro Rocha
Rafael Cid Navarro
Colexio Martínez Otero
Comesaña Sporting Club
Juan Carlos Costas Rosés
Gerardo Dios Vidal
Lee Dong Kyu
Benigno Fernández Alonso
Mª Teresa Franco Martínez
Manuel García Valiñas
Rosa Mª Gómez Llamas
Victorino González Enríquez
Simón González Salgado
Fco. Javier González Vázquez, a título póstumo
Medina S.F.
Emilia Mesa Soriano
Ángeles Moinelo Allegue
Manuel Montero Vidal
Roberto Naveira Figueiras
Manuel Pazos González
Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio
Javier Pazos Sánchez-Rubio
Pedro Miguel Piñeiro Lago
José Luis Sala García
Alfredo Sánchez Carro
Raimundo Sendino Ortega
Manuel Valcárcel Lastra
David Vidal Gómez
Ángel Villar Varela

Exit mobile version