Site icon Crónica3.com A Mariña

A rexedora de Mondoñedo, Elena Candia, elixida presidenta da Deputación de Lugo

elena candia- presidenta depuA alcaldesa de Mondoñedo e candidata do PP á presidencia da Deputación, Elena Candia, xuraba o cargo este mércores 24 de xuño nun confuso pleno de constitución da nova corporación provincial.

A popular converteuse este mércores na primeira presidenta do organismo provincial debido ao empate a 12 votos co candidato socialista, Darío Campos, proposto á última hora polo partido ante a negativa dos deputados nacionalistas de apoiar ao alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, por estar imputado.

O rexedor da Pontenova, Darío Campos, obtiña 12 apoios na primeira votación: 10 dos socialistas –tras votarse Martínez a sí mesmo- e 2 dos nacionalistas. Ese mesmo número de apoios recibía Elena Candia que xuraba o cargo e pronunciaba o discurso ao tratarse da lista máis votada.
O secretario do ente provincial, José Mourelle Cillero, decatouse entón de que ao non saír elixido presidente ou presidenta por maioría absoluta na primeira votación, é necesaria unha segunda. Entre a tensión, a rexedora mindoniense obtiña 12 votos igual que Darío Campos; xa que se rexistrou un voto en branco.

Finalmente, Candia xurou novamente o cargo como presidenta da Deputación Provincial de Lugo.

Exit mobile version