Site icon Crónica3.com A Mariña

A Romería Monte Castelo 2015 acollerá o primeiro Concurso de bandas ‘Castelo Music’

pres-concurso-casteloOs días 23, 24 e 25 de xullo celebrarase na Romería Monte Castelo (Burela) o primeiro concurso de bandas (estilo libre) “Castelo Music” organizado pola Asociación de Amigos do Monte Castelo e coa colaboración da Asociación Cultural Fanto Fantini e o Concello de Burela.

O xoves 23 e o venres 24 de xullo desenvolveranse as fases de selección, mentres que o sábado 25 se celebrará a final coas 6 bandas finalistas -dunha única categoría que aglutina tódolos ritmos e estilos- que optarán a dous premios: un de 1.000€ para o gañador e outro que consistirá nunha actuación no Festival Osa do Mar 2015 (4 e 5 de setembro) da banda que decida o xurado.

O certame acollerá un máximo de 20 e un mínimo de 10 grupos que disporán de zona de acampada gratuíta reservada.

Os músicos ou grupos formados en dous terzos por persoas con idades entre os 16 e os 35 e que non teñan editado disco ligado a contrato discográfico poden inscribirse antes do 15 de xullo presentando a documentación na Casa da Xuventude de Burela. Os interesados tamén poden contactar coa organización a través do enderezo romeria.montecastelo@gmail.com.

Exit mobile version