Site icon Crónica3.com A Mariña

A SD Xove FS impulsa o IV Campus Fútbol Sala Mixto

pres-campus-xoveO IV Campus Fútbol Sala Mixto celebrarase entre o 6 e o 10 de xullo en Xove dirixido a nenos e nenas que queiran gozar durante 5 días do fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas que estarán supervisadas e dirixidas por profesionais titulados no ámbito deportivo e da educación.

O Campus foi presentado este martes nun acto celebrado ás no Pavillón Municipal de Deportes de Xove coa participación do Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, acompañado por Directivos da S.D. Xove F.S.

O Alcalde, na súa intervención, expresou a súa satisfacción pola posta en marcha deste importante evento deportivo, mostrando o apoio do Concello á S.D. Fútbol Sala Xove á celebración do campus.

A día de hoxe, cabe destacar que MÁIS DE 60% DAS PRAZAS XA ESTÁN CUBERTAS. Na edición deste ano os monitores terán como apoio durante o campus aos xogadores profesionais IAGO BARRO (porteiro do Pozo de Murcia) e SILVIA AGUETE (xogadora do Poio Pescamar, da 1ª División Feminina), así como a outros moitos ilustres invitados.

Os interesados en inscribirse e obter máis información poden facelo chamando ao 609 860 962, mandando un correo electrónico a sdxovefs@gmail.com ou seguindo as instrucións que se indican nesta páxina web www.xovefs.es.

Exit mobile version