Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de solicitude de autorización para a tradicional fogueira de San Xoán en Xove

A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello de Xove acaba de sacar unha nota informativa na que se abre o PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.

O prazo rematará o venres 19 de xuño. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.

Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira, NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.

Exit mobile version