Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña, de Burela, iniciou unha nova tempada da Escola de Minitalentos en horario de oito da mañá a tres da tarde

300615 Foto minitalentos 1Burela, 30 de xuño de 2015.- Este luns iniciou a súa nova tempada a Escola de Minitalentos de Academia A Mariña en horario de oito da mañá a tres da tarde.

A súa directora, Raquel Hermida, explicaba que “chegou o día da inauguración, despegamos co noso proxecto educativo, onde os nenos e nenas serán os protagonistas desenvolvendo as súas capacidades e competencias, é dicir, o seu talento. Estimulamos a aprendizaxe mediante o xogo, fomentando o talento infantil, traballamos as capacidades e habilidades dos nenos e nenas facilitándolles ferramentas para o seu propio desenvolvemento persoal e profesional.

Hermida recorda que “segundo recentes estudos, as escolas que aceptaron transformar os seus programas adaptándose á teoría das intelixencias múltiples tiveron, en termos xerais os seguintes resultados nos seus alumnos e alumnas resumidos en: minimización dos problemas de conduta; incremento da autoestima; desenvolvemento do amor ao estudo; entusiasmo polo traballo de equipo e cooperación; maior aparición de líderes positivos; e incremento dun 40% na aprendizaxe”.

A Escola de Minitalentos estará aberta de 8:00 a 15 horas, para favorecer a conciliación das nais e dos pais. Os horarios adáptanse ás familias “desta forma dámoslles a posibilidade de poder empezar ás nove, ás dez ou ás once. A Escola de Minitalentos ofrece prezos especiais para familias numerosas, máis dun irmán matriculado, entre outros. Nestes casos o prezo será de 25 euros por semana ou 100 euros por mes”.

As familias interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 25 08.

Exit mobile version