Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa asegura que todos os turistas que cheguen a Ribadeo este verán poderán visitar a praia das Catedrais

240615 Foto reunion AcisaRibadeo, 24 de xuño de 2015.- Acisa asegura que todos os turistas que cheguen a Ribadeo este verán poderán visitar a praia das Catedrais. É o que se desprende da reunión que a directora xeral de Conservación dá Natureza, Verónica Tellado, e a secretaria xeral de Turismo, Nava Castro, mantiveron na tarde deste mércores cunha vintena de hostaleiros e comerciantes de Ribadeo, nos locais da asociación.

Desde a directiva de Acisa explican que “o que nos viñeron contar as representantes da Xunta é que todas aquelas persoas que pernocten nos hoteis e aloxamentos de Ribadeo terán acceso garantido á praia das Catedrais. Neses establecementos facilitaráselles un certificado, que lles permitirá visitar o areal. Nese documento figurarán as noites de pernocta e os seus datos persoais xunto ao selo do hotel. E ese será o certificado que presentarán aos axentes que controlarán o acceso á praia. Ademais aqueles turistas que utilicen o transporte público, a liña coa que Eocar realizará varias viaxes diarias ao areal, tamén terán acceso garantido á praia presentando o ticket do autobús”

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, solicitou á Xunta que “se habiliten máis zonas de aparcamento. O Concello está traballando niso e sabemos que dispón de solares para acoller de 500 a 700 coches. Desde a Xunta dinnos que o están estudando e verán a forma de habilitar máis prazas. E pedímoslles que corten o tráfico de acceso ás Catedrais na estrada da Deputación, na rotonda que existe en Ribadeo e tamén en Barreiros”.

Desde Acisa sinalan que “seguimos sen estar de acordo coa cifra de limitación da Xunta e con que este plan se aplique tan rápido xa desde este 1 de xullo. Cremos que é necesario poñelo en marcha aos poucos, concienciando aos turistas e sobre todo creando máis zonas de aparcamiento, transporte público lanzadeira desde Ribadeo, etc… Así como a realización dunha campaña informativa importante a nivel estatal para que todo o mundo saiba que vai poder visitar a praia das Catedrais, gratuitamente, porque nas últimas semanas creouse moita confusión e incerteza con este asunto”.

Exit mobile version