Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA pon en marcha do 1 ó 12 de xullo a campaña ‘Tus compras en Ribadeo Indiano, pueden salirte gratis’

Ribadeo, 29 de xuño de 2015. ‘Tus compras en Ribadeo Indiano, pueden salirte gratis’ é o eslogan da nova campaña que pon en marcha Acisa con motivo da celebración da segunda festa indiana, que terá lugar do 10 ao 12 de xullo en Ribadeo.

Desde Acisa explican que “todas aquelas persoas que realicen as súas compras no comercio asociado do 1 ao 12 de xullo poderán entrar no sorteo de vales de compra. O único que teñen que facer é cumprimentar as papeletas que lles facilitarán nos establecementos asociados co seu nome, número de teléfono e o importe da compra realizada. O 16 de xullo celebrarase un sorteo nas instalacións de Acisa de vales de compra polo importe do ticket premiado”. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo destaca que “para poder levarse os premios que poñeremos en xogo con motivo da celebración do Ribadeo Indiano é necesario presentar o ticket de compra. Por iso é polo que sexa moi importante conservalos durante uns días”.

Acisa organiza xunto ao Concello a II Festa Indiana, e ademais pon en marcha esta campaña de promoción do comercio, que se enmarca dentro do programa de actividades previstas para os próximos días.

Exit mobile version