Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo convoca aos seus soci@s a unha reunión á que acudirán responsables da Xunta para falar do plan de conservación das Catedrais

Ribadeo, 22 de xuño de 2015.- Acisa convoca os seus asociados e asociadas a unha reunión que terá lugar o próximo mércores, 24 de xuño, ás 17 horas. Será na planta baixa da antiga Casa Sindical.

A ese encontro acudirán responsables da Xunta de Galicia para falar do Plan de Conservación das Catedrais, que entrará en vigor o 1 de xullo. Dende a directiva de Acisa explican que “a directora xeral de Turismo nos pide que convoquemos os hostaleiros e profesionais do sector de Ribadeo, dado que o asunto a tratar é do seu interese e é o que facemos a través desta nota”.

Acisa pide desculpas “aos socios e socias que esta mañá acudiron ao encontro convocado para as 11 e que finalmente non puido celebrarse por problemas de axenda da Xunta de Galicia, que tivo outras reunións en Ribadeo sobre o mesmo tema”.

Exit mobile version