17 de xuño de 2015.- Según van pasando os días e saíndo novas declaración dos implicados no affaire “Illa Pancha” observamos que algún aspectos, ao noso entender decisivos, van quedando en segundo plano. Por este motivo desexamos suliñar o seguinte:
1º.- Durante moitos anos a Illa Pancha estivo pechada ao público por mor da existencia do faro de sinais para a navigación. Esta restricción foi aceptada polos veciños por entenderse que se trataba de un uso de interés xeral, polo tanto prevalente sobre outros intereses particulares, anque compatible con algún por exemplo o marisqueo. O que agora se prantexa é un novo uso de ese espazo con fins lucrativos privados. O principal problema deste novo prantexamento é que non se garante o mantemento deste espazo nas condicións naturais que mantivo ate agora e un sector da sociedade está expresando a rexeita deste proxecto. En consecuencia entendemos que un elemental criterio de transparencia houbera sido publicitar amplamente o proxecto antes de dalo por bon, seguindo o criterio do Ministerio de Fomento e mesmo facilitar que @s veciñ@s coñezan os informes do concello que foi o que solicitamos anteriormente.
2.-º O Plan Director da Rede Natura 2000, aprobado pola Xunta de Galicia no 2014 delimita a Illa Pancha como “Zona 2” dentro do espazo protexido “Ría de Ribadeo”. Entre os usos compatibles non se regula o “turístico, recreativo ou de hostelería”, polo tanto a proposta actual incurre nunha contradicción flagrante ca normativa devandita. Eso sen ter en conta outras normas de protección amplamente citadas como zona ZEPA etc. Sobre este aspecto non hai nengún tipo de información por parte das autoridades implicadas nos trámites levados a cabo ata o día de hoxe.
Entendemos que se ben a protección das Catedrais ten outra entidade determinada pola masiva afluencia de visitantes, o caso da Illa Pancha tamén sería merecedor dunha información e un debate público aberto e transparente.