Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA convida a participar na IV Limpeza Simultánea de Praias entre o 5 e o 8 de xuño

O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias.

Un ano máis ADEGA organiza a IV Limpeza Simultánea de praias con motivo do Día dos Océsnos, dando continuidade ás limpezas realizadas en 2012, 2013 e 2014 que sumaron centos de persoas neste día de reivindicación e voluntariado ambiental.

Por iso, convocamos de novo a todas as persoas e entidades interesadas a unirse neste evento que se celebrará os días 5, 6, e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental.

Exit mobile version