Ribadeo, 15 de xuño de 2015.- A asociación Amadores da Música, de Ribadeo, subvenciona o custe total da matrícula na escola municipal ribadense no curso 2015-2016 para os alumnos das distintas especialidades de vento-madeira e vento-metal, porque son as máis demandadas na Banda de Música Municipal de Ribadeo.
Dente a xunta directiva de Amadores da Música anunciaron hoxe que “por segundo ano consecutivo, esta asociación vai subvencionar o 100 por 100 da matrícula na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo para aqueles e aquelas alumnos e alumnas das distintas especialidades de vento-madeira e vento-metal por ser estas as máis demandadas pola propia banda. No caso da percusión esta asociación resérvase o dereito de admisión”.
O prazo de matrícula na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo será do 1 ao 15 do vindeiro mes de xullo e para obter máis información sobre como beneficiarse da matrícula gratuíta os interesados poden contactar co director da escola, Hugo García; co director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester; ou do presidente de Amadores da Música, José Luis Pulpeiro.