Site icon Crónica3.com A Mariña

Apertura do Espazo Caritel

SONY DSC18 de xuño de 2015.- O ESPAZO CARITEL, é un proxecto que pretende ofrecer ao panorama cultural e turístico da Mariña a oportunidade de gozar da botánica e da arte contemporánea , así como incidir no desenvolvemento sostible da súa contorna. O itinerario visitable conta cun edificio que alberga unha sala de exposicións destinada a mostras temporais. O percorrido tamén permite ver o xardín (duns 3500m) de notable interese botánico. Destaca pola súa importancia a colección de camelias (formada por un cento de variedades). Tamén é salientable a abundante flora autóctona que contrasta con especies procedentes de todos os continentes.

Esta iniciativa, a tan só 200m da Basílica de S. Martiño de Mondoñedo), pretende facer dese recuncho de Foz, un lugar de especial relevo para os interesados na arte e a natureza..

O horario ata o 15 de setembro :
11 a 14 e 16 a 20 horas
Domingo de 11 a 14 horas
Luns: pechado.

Exit mobile version