Cando escribimos “amores apaixoados”, á vista do que estaba a suceder, percatámonos de cal ía ser a folla de ruta de boa parte da politicada local; e para tal pronóstico non había que ser un lince: a experiencia acumulada e as vivencias cotiás dinnos que toda iniciativa, política ou de outra índole, inspìrada polo sentimento do odio e do desexo irrefrenable de vinganza, remata sempre en episodios lamentables nos que algúns chegan mesmo a perder a súa dignidade: avatares que se díron nas malfadadas xornadas longas, abúlicas, repetitivas, faltas de inxenio e orixinalidade da pasada campaña electoral e nunhas eleccións que, coma sempre, poñen ao descuberto moita da disimulada falsedade.Acaso foron políticos focenses quen bateron o record de tanta incongruencia, de tanta ignominia na búsqueda de traxicómico argumento que xustificara actuacións impropias de persoas que se consideran a sí mesmas “salvadoras da patria”. Tanta crueldade chegou a provocar o suicidio – político – dun contendiente. Non había que estranarse, pois, de que focegos da tal política espertaran o interese dos medios de comunicación e fosen quen ocuparan titulares de primeiras páxinas: “¡ o de Foz é incrible!” …, decían para sí lectores incrédulos e pouco imaxinativos . O proceso sen dúbida pasará a engrosar o apartado singular coñecido por “as cousas de Hollyfoz”…
Suso Fernández