Site icon Crónica3.com A Mariña

As Escolas de Patinaxe de Mondoñedo pechan o curso cunha exhibición

exhibicion-patinaxeAs Escolas de Patinaxe de Mondoñedo pecharon o curso 14/15 este venres 19 de xuño cunha exhibición de patinaxe ba que o alumnado, dirixido por Rebeca Díaz Rufían, fixo disfrutar ó numeroso público coas 16 coreografías de cancións de distintos artistas. Desde os máis pequenos ás maiores actuaron durante hora e media.

O Concello de Mondoñedo, que colaborou con esta exhibición, quere agradecer o traballo realizado pola profesora e as alumnas nesta gala.

Ó seu remate, fíxose a entrega de diplomas e medallas conmemorativas da actividade, coa presenza de Manolo Cadramón, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Elena Candia, alcaldesa do Concello de Mondoñedo, e Manuel Tapia, concelleiro de Deportes.

Exit mobile version